Leiva, The Horrors, Asian Dub Fundation ou Aterciopelados, novas 'fichaxes' do Portamérica
Por Alejandro Espiño
A sexta edición do festival Portamérica, a primeira que se celebrará na carballeira de Caldas de Reis, promete ser antolóxica. Os seus organizadores están a reunir un cartel de primeiro nivel, composto por bandas e artistas recoñecidos polo público, que subirán aos seus dous escenarios os días 13, 14 e 15 de xullo.
Así, tras un primeiro avance, o festival desvelou o nome de nove fichaxes máis. Trátase de Leiva, The Horrors, Asian Dub Fundation, Aterciopelados, Instituto Mexicano del Sonido, Zuco 103, Yall, Carlos Jean e Igloo.
Todos eles únense a Xoel López, Iván Ferreiro, Nenos Mutantes, Depedro, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Ángel Stanich, Carlos Sadness e Rufus T. Firefly.
Ademais, tamén estarán en Caldas os brasileiros BNegão & Seletores de Frequência, os arxentinos Indios e Illya Kuryaki & the Valderramas, os venezolanos Amigos Invisibles, o ecuatoriano Mateo Kingman, os mexicanos Porter e Siddartha, os estadounidenses Orkesta Mendoza e os españois Kase O e Montefusco.
A organización asegura que pronto desvelará o resto do cartel.
Xunto a estas confirmacións, o festival Portamérica presentou xa a repartición por días das bandas e artistas cuxa participación é segura e que se pode consultar no seu cartel.
As entradas para o festival xa están á venda a un prezo de 25 euros por día. O abono para os tres días custa 45 euros máis gastos de distribución.
Relacionadas:
-
RADIO.- S.O.S. na Playlist: Alguén sabe que é de Carminha?
Por Marisa Ciordia |
-
PortAmérica confirma Caldas como sede no 2018 e avanza datas: 5, 6 y 7 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
Longa vida ao PortAmérica!
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Quique González súmase a un PortAmérica que contará con 31 chefs no seu ShowRocking
Por Alejandro Espiño |
-
Movemento sorpresa do PortAmérica: cambia Nigrán por Caldas de Reis cunha ambiciosa sexta edición
Por Alejandro Espiño |
-
Os sete "Festivais Rías Baixas" 2016 deixaron un impacto económico de máis de 26 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |