María Teresa Campos ficha os pontevedreses Black Stones
Por Oskar Viéitez
A presentadora María Teresa Campos fichou aos Black Stones. O grupo pontevedrés actuará en directo este sábado 16 de marzo no programa de Telecinco Que tiempo tan feliz, da popular xornalista.
Toño e Jaime Carbajo, Tino Domínguez, Santi López, Fredi Nistal e Armando Guerra brindarán unha particular homenaxe aos Beatles. Será nun programa no que María Teresa Campos pretende rememorar "as mellores actuacións dos pais e fillos máis artistas deste país". A cita será este sábado, ás 18.30 horas.
Os Pedras Negras, as súas pontevedresas maxestades The Black Stones, son unha banda de eternos adolescentes nada a finais dos 60. Precisamente no seu repertorio tiñan á banda de Liverpool como unha das súas referencias. Aínda que tamén facían versións dos Bee Gees, Four Seasons o los Crosby, Still and Nash, Credence, Wonders, Badfinger ou Los Íberos.