Elena Gallego "madre de dragones", vai de vermú
Por Oskar Viéitez
Farta de que o seu fillo só tivera ollos para Harry Potter, a xornalista Elena Gallego Abad pensou que ela tamén podería levar a cabo a súa propia novela de aventuras e fantasía, pero creando un universo netamente galego. E así naceu Dragal.
De tal xeito que Elena Gallego igual que Daenerys Targaryen, a personaxe da serie televisiva Xogo de Tronos, tamén é "Madre de Dragones".
Unidos pola Fraternidade do dragón galego este sábado houbo un vermú dragaliano na Libreria Paz de Pontevedra, no que a autora compartiu ésta e outras moitas anécdotas con Teresa Cuíñas, Helena Torres Blanco e unha morea de amigos.
A autora explicou que no momento no que empezou a escribir, o seu fillo tiña en torno a 15 anos, e nese eido "había moi pouca cousa en galego, e a verdade é que coas nosas tradicións dan para facer unha fantasía interesante".
Quedar finalista na edición 2009 do Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil foi fundamental para que Dragal chegase a ver a luz. Tres anos e tres libros despois Elena ven de firmar un acordo cunha productora para que as aventuras das súas novelas den o salto a gran pantalla e también ao mundo dos videoxogos. ÿ por isto que xa hai que a chama a J. K Rowling gallega.
O primeiro libro da serie do dragón vai xa pola quinta edición e o terceiro da triloxía e é número un en ventas en Galicia en literatura infantil-xuvenil.