Surfing the Lérez xa ten cartel: Lucy and the Rats, Los Deltonos, Bala, Pájaro, Malandrómeda e moitos máis
Por Alejandro Espiño
Case por sorpresa o festival Surfing the Lérez desvelou o cartel da súa sétima edición, que se celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra.
Os seus organizadores aproveitaron a celebración na cidade do Galegote Rock para dar a coñecer o nome das trece bandas que se subirán este ano aos seus dous escenarios.
Os cabezas de cartel serán Lucy and the Rats, a banda de rock fincada en Londres e liderada pola australiana Lucy Spazzy; Los Deltonos, un dos grupos de referencia do rock español, ou os galegos Malandrómeda, que farán bailar ao público co seu hip hop electrónico.
Os cataláns Tiki Phantoms, o dúo aragonés Los Bengala, a banda de rock viguesa The Soul Jacket e o grupo Monrovia tamén actuarán neste Surfing the Lérez.
Todas elas sumaranse ás bandas xa anunciadas previamente como Pájaro, Los Vinagres e os galegos Bala, Dois, Os Amigos dos Músicos e Glitter&Litter.
O festival, como é habitual, será de entrada gratuíta. Iso si, volverá ter unha vertente solidaria coa tradicional recollida de alimentos para a Rede Axuda.
Ademais, os seus organizadores ultiman unha ampla programación de actividades paralelas e haberá un mercadiño artesanal e numerosas opcións gastronómicas.
Relacionadas:
-
Prepara a túa axenda: xa hai horarios para os concertos de Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
O festival Surfing The Lérez medra prestando atención especial aos máis cativos
Por Anxo Lourido |
-
RADIO.- Unha aldea tiki instálase na romaría do rock and roll
Por Marisa Ciordia |
-
Surfing The Lérez triunfa nos Premios Galegos da Música como mellor festival
Por Alejandro Espiño |
-
Surfing the Lérez, nomeado como mellor festival aos Premios Galegos da Música
Por Alejandro Espiño |
-
A sétima edición do festival Surfing the Lérez xa ten data: o sábado 17 de xuño
Por Alejandro Espiño |