O actor Héctor Alterio pechará este sábado o ciclo Summum Teatro con 'El Padre'
Por Redacción
O veterano e prestixioso actor arxentino Héctor Alterio é o protagonista da obra que este próximo sábado 3 de xuño a partir das 21.00 horas vai representarse no escenario do auditorio do Pazo da Cultura.
Trátase dunha farsa tráxica na que se trata un tema tan complexo e tan actual como a perda de realidade debido á vellez ofrecendo a visión dunha mente confusa ou afectada polos intereses dos que lle rodean.
A trama ofrece momentos de comedia, con situacións ambiguas e contraditorias. Esta montaxe ofrece unha fórmula similar a un thriller de estilo Hichcock. A Héctor Alterio acompáñanlle Ana Labordeta, Luís Rallo, Miguel Hermoso, Zaira Montes e María Gonzalez nunha repartición de notable calidade.
As entradas xa se atopan á venda anticipada en Ataquilla.com a partir de 20 euros máis gastos e, de non esgotarse, tamén se poderán adquirir dúas horas antes de iniciarse a obra no despacho de billetes do Pazo da Cultura. Con esta representación péchase o ciclo Summum Teatro.