Clases de lo social e La última piedra, entre as mellores webseries dun festival de Perú

Por Redacción
Dúas webseries de Pontevedra, Clases de lo social e La última piedra, deron un paso máis na súa exitosa traxectoria cun notable recoñecemento no certame Series Web Awards (SWA), un festival para este tipo de producións audiovisuais que se celebrou este mércores en Lima (Perú).
Ambas as webseries estiveron nomeadas entre as mellores ficcións do ano, segundo informou a Pontevedra Film Commission.
La última piedra estivo nomeada nas categorías mellor guión, mellor edición-postproducción e mellor serie votación do público, mentres que Clases de lo social foi nomeada a mellor serie votación do público.
La última piedra, estreada este mesmo ano, está dirixida por Adrián González e foi creada xunto á escritora Tamara Andrés, con guión de ambas as partes. Nela relátanse historias da vida cotiá que poderían suceder en calquera cidade.
Pola súa banda, Clases de lo social, dirixida por Pablo Cacheda, conta con dúas tempadas e mostra a modo de manual videográfico como non comportarse en certas situacións.
Ambas as creacións son as primeiras producións de representación española que concursaron neste certame, o que chamou a atención do público e do xurado.
Aínda que ningunha das dúas conseguiu facerse co máximo galardón, a súa presenza supón todo un logro para o audiovisual pontevedrés.
Relacionadas:
-
RADIO.- O pontevedrés Pablo Piñeiro apela a aprender 'Lo positivo de fracasar en el amor'
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A Playlist de...: "Volvemos a primera" con Pablo Cacheda
Por Marisa Ciordia |
-
A webserie Generación Wifi estréase o 18 de outubro en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Aquí non hai erro: o 'La La Land' galego estréase online na noite dos Oscar
Por Redacción |
-
A webserie 'Clases de lo social' estrea a súa segunda tempada no IES Sánchez Cantón
Por Redacción |