O salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía amosa a súa nova imaxe
Por Aitana Vidal
Finalizaron as obras de rehabilitación do salón García na Casa da Cultura situado en Rei Daviña que foron visitadas polo alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole. O concello e a Deputación provincial foron as encargadas de financiar este proxecto de reforma a través dun convenio que contemplaba un presuposto superior aos 200.000 euros.
Este salón que conta con 129 anos de historia ten un aforamento de 252 espectadores e a súa rehabilitación era demandada polas distintas asociacións culturais arousanas. O espazo conta agora cunha porta de emerxencia, novas butacas que permiten ser pregada de xeito rápido, catro salas de usos múltiples, dous camerinos, dous baños e dous almacéns que acollerán o arquivo da biblioteca Rosalía de Castro.
Este salón inaugurouse en 1884 converténdose no primeiro local para actos públicos en Vilagarcía. Agora está pendente da súa reapertura á espera da cal estean finalizados os traballos de instalación de luces e son, ademais do pano.