18 reflexións sobre xénero que rachan cos moldes normativos
Na facultade de Belas Artes de Pontevedra (BBAA), Mar Caldas e Carlos Tejo, profesores de la misma, propuxeron ao alumnado de Técnicas Fotográficas un exercicio no cal empregasen a fotografía sobre cuestións de xénero, tentando con isto abordar a orde sexual imposta.
'Sen Moldes, comentarios fotográficos sobre os xéneros', é unha exposición integrada por 18 obras realizadas o curso pasado e que actualmente se exhiben nesta facultade de Pontevedra tras o seu paso polos campus de Vigo e Ourense.
Caldas sinala que con esta exposición se busca “saír dos moldes establecidos e tentar buscar representacións máis críticas que contradigan dalgunha maneira a norma”.
A comisaría deste proxecto resalta como positiva a resposta por parte do alumnado a un exercicio que enfoca cuestións de xénero por primeira vez e de maneira moi directa.
Despois do éxito da exposición, os alumnos de primeiro do grao en Belas Artes volverán a enfrontarse a este exercicio dando lugar a unha segunda edición de 'Sen Moldes'.
Algunhas das alumnas participantes nesta exposición destacan que 'é importante facer reflexión sobre isto', así como 'dar visibilidade a aquelas mulleres das que non escoitamos falar'.
Con estas fotografías, alumnas entre as que se atopan Blanca Rossignoli, Lara Castro, Anubis Muñoz ou Nicolás López, buscan facer reflexionar aos espectadores sobre o que non se ve nas fotos, que vaian máis alá.