Os Clicks achegan a prehistoria a Pontevedra
Este mércores 21 de febreiro levouse a cabo a presentación da maqueta da Serra de Atapuerca protagonizada por Playmobil. Unha maneira de que os máis pequenos non só xoguen, senón que ademáis aprendan e exploten a súa creatividade.
O acto tivo lugar no 6º Edificio do Museo as 11.30 horas e nel interviron Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Javier Grela, director creativo da empresa asturiana Casvali.
Con esta representación, Playmobil e o Museo de Pontevedra procuran ofrecer “un modo diferente de entender e interpretar o mundo da prehistoria”, tal e como comentaba Carlos Valle.
A receita coa que Javier Grela describe este proxecto é “xoguete sumado con creatividade, dá como resultado coñecemento”.
O novidoso é a incorporación de xoguetes customizados. Dotouse aos Playmobil da capacidade de axeonllarse e flexionar os brazos. Todo isto para que dende Pontevedra se poida ver un mundo que, sendo moi lonxano, queda moi preto para todos aqueles que queiran achegarse ao Museo. Unha representación de accións que fará coñecedores aos pontevedreses de como era o pasado.
É destacable ademáis, a utilización de elementos reciclados para a recreación deste escenario. O uso de palillos e pinchos morunos para elaborar os andamios de construción, serrín tinguido para as capas de herba... Todo para concienciar aos máis pequenos de que para xogar non é necesario mercar, senón que con alternativas creativas se poden conseguir xoguetes completamente válidos.
Pero esta é unha maqueta que procura un público de todas as idades, xa que para os maiores, hai ata seis anacronismos que buscar. Nun visionado máis detallado dos diferentes elementos que compoñen a peza, hai diversos elementos para gozar dun momento de búsqueda e descobremento. Un balón de rugby, un playmobil cun móbil na man e ata para os máis curiosos hai un elemento anecdótico en canto ao canibalismo dalgúns homes prehistóricos.
Javier Grela fai afirma ademáis que “descubrir o Museo de Pontevedra, para min que veño de fóra, é un auténtico placer. Pido á xente que se achegue á cultura”.
Os visitantes poderán desfrutar desta maqueta dende o 21 de febreiro ata o 17 de xuño.