Desakato, Sara Hebe e Skarnivals, novas confirmacións do SonRías Baixas 2018
A XVI edición do Festival SonRías Baixas encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 2, 3 e 4 de agosto. Nesta edición suma tres novas bandas ao seu cartel. La Raíz e Terbutalina estarán acompañados por Desakato, Sara Hebe e Skarnivals.
O quinteto asturiano Desakato, ten como selo de identidade os sons contundentes que fusionan con estilos e matices de diversa índole. Son sinónimo de toques hardcore, así como de espírito de loita e de moito rock and roll. Chegarán a SonRías Baixas co seu sexto traballo de estudo baixo o brazo, 'Antártida'.
Sara Hebe, considerada unha das axitadoras da escena hip hop de América do Sur, é especialista en experimentar con xéneros como a cumbia, o punk ou a electrónica. Caracterízana o seu xeito de atacar con urxencia, a destreza métrica e o xeito de empregar a lírica.
Á de Skarnivals é unha filosofía de loita e de alegría, tolemia e diversión que se ven reflectidas nos rápidos rítmos ska combinados cunha potente distorsión en forma de punk-rock e liñas de ventos.
O verán de 2017, segundo a organización quedou patente que o evento é moito máis que un festival, é toda unha experiencia que unifica unha localización urbana e natural única, cunha completa programación musical e cultural que combina a música coa gastronomía e o audiovisual.
A organización quixo anticiparse ás novas tendencias ao utilizar por primeira vez en Galicia as pulseiras cashless, para permitir o acceso ao recinto e para pagar en todos os puntos de comida, bebida e merchandasing.
O festival supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.500.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira e a bares e restaurantes sen existencias nalgúns casos.
As entradas para esta edición xa están á venta na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 30 euros máis gastos os tres días de concertos, acampada incluida.
Relacionadas:
-
Todo listo para a XVI edición do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Talco abrirá un SonRías Baixas que xuntará en Bueu máis dunha ducia de bandas
Por Alejandro Espiño |
-
Sete novas incorporacións ao cartel de SonRías Baixas 2018
Por Gabriela Varela Asorey |
-
La Raíz e Terbutalina, primeiras confirmacións do SonRías Baixas 2018
Por Redacción |
-
O festival Son Rías Baixas regresa a Bueu os días 2, 3 e 4 de agosto
Por Redacción |