'Lips of Africa', 'Ellas' e 'Fusión Pop Art': de Pontevedra a New York
O artista, residente en Pontevedra, Franck Sastre, chega a New York coa súa próxima colección 'Lips of Africa', a primeira das tres mostras que presentará ao outro lado do charco.
Dende o 13 de marzo ao 3 de abril, poderase gozar destas coleccións en 'Agora Gallery', sala de arte contemporánea en New York.
'Lips of Africa' será a primeira das mostras expostas.
A súa segunda colección, 'Ellas', está formada por 13 pinturas adicadas ás mulleres da súa vida.
A terceira e última, 'Fusión Pop Art', é unha colaboración coa artista galega Asun González.
O artista está, ademais, á espera de confirmación de novos proxectos que quere levar a cabo na Gran Manzana, lugar que considera un paraíso para os artistas.
Relacionadas:
-
O artista Franck Sastre traslada os seus coloridos deseños aos bolsos
Por Redacción |
-
Pintura e escultura danse cita na Casa das Campás da man de "Indeble"
Por David Arana & Gabriela Varela Asorey |
-
A revista de arte contemporánea americana ArtisSpectrum repara en Franck Sastre
Por Redacción |
-
RADIO.- Franck Sastre, artista e cita televisiva sorpresa de Ana Obregón
Por Marisa Ciordia |