Arranca a oitava edición de Ponte Poética, o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra
"A poesía é a arte de poñer a palabra ao servizo do espírito", así abría o seu discurso Carmen Fouces, concelleira de Cultura do Concello, o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, que inaugurou a súa oitava edición no Teatro Principal.
Encomiou o labor dos poetas, encargados de " axudarnos a camiñar polo terreal". A inauguración do festival proseguiu con recitais da man de Manuel Rivas, Filipa Leal, Elías Portela e María Xosé Queizán.
Durante toda a fin de semana, os días 20, 21 e 22 de abril, o festival, coa dirección da escritora Yolanda Castaño, conta cun amplo programa repleto de recitais, obradoiros e encontros 'poéticos' con algúns dos artistas máis importantes do panorama nacional e internacional, aos que se poderá acudir gratuitamente.
A maioría dos recitais terán lugar no Teatro Principal, pero tamén noutros espazos, como a proxección de videopoesía de Aurélia Lassaque no pub 'El Pequeño Karma' ás 22:30 horas deste venres, e o domingo pecharase o festival cun Obradoiro de poesía na Casa da Luz, impartido por Juan Carlos Mestre.
Festival Ponte Poética no Teatro Principal de Pontevedra
Festival "Ponte Poética", unha actividade que fixo da tarde do venres unha xornada entretida e un pouco máis artística.
© Clara Alonso