![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/85c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ae9d954ad-img_1031.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
Homenaxe teatral a María Victoria Moreno para os alumnos de Ponte Caldelas
![Sara](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/f8d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5aa6ae44bc-img_8269-iloveimg-converted-copia.jpg)
Por Sara López Lago
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/eb9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ae9d9b4cf-img_1033.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
A obra "Leonardo e os fontaneiros", adaptada pola compañía de teatro Ubú, representouse para os alumnos de sexto de Primaria e de primeiro da ESO do colexio Cordo Boullosa e o instituto de Ponte Caldelas.
Manuel Barreiro, director do centro, e Andrés Díaz, alcalde, fixeron a presentación.
A obra, que narra as vivencias de Tono e o seu can Leonardo, xa entrou en formato literario dentro do seu currículo de lecturas obrigatorias.
Agora tiveron a oportunidade de vela no seu colexio, adaptada para o escenario en homenaxe a María Victoria Moreno, á quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.