O Sexto Edificio acolle a presentación do libro de relatos 'Mirequelledigo. Crónicas dun filósofo tabernario'
Por Redacción
Este xoves 10 de maio, ás 20.00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra preséntase o libro de relatos 'Mirequelledigo. Crónicas dun filósofo tabernario', do autor Manoel da Costa Pardo. Un traballo, ilustrado polo propio escritor e editado por Meubook de Compostela.
Durante este acto de presentación ofrecerase unha visión orixinal coa lectura de relatos desta obra, ademais da execución de pezas musicais dos compositores Reveriano Soutullo, Andrés Gaos, Pepito Arriola e Manuel Quiroga, interpretadas polo pianista Alejo Amoedo e o violinista Sergio Heredia.
O libro recolle, entre outras historias, a de Tiniño, "o Averomar", un gaiteiro das terras de Celanova que amaba o mar e que coñeceu o pintor Antonio Medal e tamén ao músico e debuxante Manuel Quiroga.
Este e outros relatos serán lidos ao público pola artista plástica Irene Silva, o escritor Miguel Ángel Alonso Diz e pola propia sobriña neta de Manuel Quiroga, os comunicadora Milagros Bará.