A lembranza de María Victoria Moreno, presente na entrega dos premios literarios da universidade
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3ac/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5af983f9b9-20180514-premios-poesia-e-relato-04.jpg)
© Alejandro Vila
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fc3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5af983ffeb-20180514-premios-poesia-e-relato-13.jpg)
© Alejandro Vila
A creatividade en lingua galega entre os integrantes da comunidade universitaria viuse este luns galardoada cos premios aos relatos curtos, poesía e tradución que entrega a Universidade de Vigo. O acto desenvolvíase na Casa das Campás coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, ademais do vicerreitor do campus en funcións, Juan Manuel Corbacho.
O evento contou coa participación de Suso de Xornes e Josiño da Teixeira, dúas regueifeiros que ofreceron algunhas das súas coplas aos asistentes lembrando que "a lingua ten futuro".
A alumna de Belas Artes, Noa Rodríguez Méndez foi a gañadora do primeiro premio na modalidade de poesía por 'As espiñas do ourizo'. Nesa mesma categoría entregáronse dous accésit aos poemarios 'Seis paseos', de Nicolás Vázquez, e 'Dama de auga', de Francisco Javier Fernández, quen tamén obtivo o primeiro premio na modalidade de relato curto. Os accésit nesta categoría foron para Lucía del Río e Xosé Sobral. En tradución literaria, o gañador foi o estudante de Tradución e Interpretación, Manuel Arca, polo seu traballo con cinco poemas de Raymond Carver.
O acto serviu para realizar unha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.
O reitor en funcións Salustiano Mato e a profesora do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, Ana Acuña tiveron palabras destinadas ao amor que a autora tivo cara á lingua galega. Pola súa banda, a filla de María Victoria Moreno, Begoña Llácer tamén participaba neste evento e recoñeceu que este 2018 supón para a familia "unha experiencia marabillosa". Ao acto tamén asistíu a escritora Fina Casalderrey.
Entrega de premios literarios da Universidade de Vigo
A Casa das Campás acolleu a entrega dos premios de poesía, relato curto e tradución da Universidade de Vigo
© Alejandro Vila
Entrega de premios literarios da Universidade de Vigo
Entrega de premios literarios da Universidade de Vigo na Casa das Campás o 14 de maio de 2018
© Miguel Álvarez