O Pazo da Crega, escenario para a actuación da banda xuvenil de Barro no Día das Letras Galegas
Por Redacción
A banda xuvenil será a protagonista este xoves dos actos do Día das Letras Galegas no municipio de Barro cun concerto que comezará ás 21.00 horas no Pazo da Crega.
Acompañando á agrupación participarán oito solistas do concello: Ana Angueira (voz), Felipe Rea (gaita), Iván Abal (zanfona), Cristian Búa (frautín), Adrián Silva (frautín), Roberto Beade (guitarra), Iván Abalo (trompeta) e Esteban Outón (trompeta).
As obras que se interpretarán serán de autoría galega e o concerto será dirixido por Santiago Mella. A banda regalará un exemplar do libro 'Froito dunha ilusión', de Celso García Alonso, a todas as persoas asistentes.