Toca ir despedíndose do Festival das Núbebes
Por Diego Torrado & Redacción
A sexta edición do Festival das Núbebes encara este domingo a súa recta final despois de dúas fins de semana cheas de teatro, música, danza, obradoiros ou animación de rúa en espazos de toda a cidade.
A proposta reúne, como en edicións anteriores, unha selección de espectáculos das artes escénicas orientados especialmente aos bebés de 0 a 6 anos e as súas familias e para este domingo ten programada a habitualmente multitudinaria e divertida guerra de almofadas na praza do Teucro.
Desde que esta nova edición botou a andar o pasado 21 de setembro, encheu de actividade o Teatro Principal, a Casa Azul, a Casa das Campás, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a sede social do Casino Mercantil e a praza do Teucro e fixo gozar aos máis pequenos da casa e tamén ás súas familias
As actividades de diversión conxugaron nos últimos días outras pensadas para formar os profesionais que traballan a cotío cos máis pequenos, tales como as charlas impartidas este sábado no Teatro Principal polo nutricionista Julio Basulto: 'Se me hace bola' e 'Comemos lo que vemos en nuestros padres.
Aquí pode conocerse a programación deste domingo.