'O teu e ti' de Hong Sang-Soo pecha o setembro do Cineclube
Por Enrique Morales
O Cineclube de Pontevedra despídese do mes de setembro este luns coa proxección da película surcoreana 'O teu e ti', do director Hong Sang-soo. A hora e lugar serán os habituais: no Teatro Principal ás 20.30 horas, con entrada de balde. A proxección do filme faráse en versión orixinal con subtítulos.
Unha oportunidade única para ver este filme que lle valeu a Hong Sang-soo a cuncha de prata á mellos dirección no Festival de San Sebastián en 2016. Este prolífico director coreano que conta con máis dunha vintena de películas na súa filmografía é un habitual na oferta do cineclube pontevedrés, onde xa se proxectaron outras cintas súas como 'Noutro país' (2012) ou 'Agora sí, antes non' (2015).
En 'O teu e ti' Sang-soo reflexiona sobre un problema tan abstracto como o da identidade a través do costumbrismo de conversacións e accións mundanas.
As proxeccións do cineclube de Pontevedra continuarán mañán, día martes 1. 'Viaggio in Italia' de Roberto Rossellini será a encargada de dar comezo á programación para o mes de outubro.
Título: 'Lo tuyo y tú' / 'O teu e ti' (Dangsinjasingwa dangsinui geot)
Dir. Hong Sang-Soo
Año: 2016
País: Corea del Sur
Duración: 86 min.
Versión Original: Coreano