'La Forma del Agua', este martes no ciclo Voces Rotas
Por Enrique Morales
A oferta cinematográfica non se detén na cidade pontevedresa. Este próximo martes proxectarase 'La Forma del Agua' como parte do ciclo Voces Rotas organizado por Afundación. Ó longo desta serie de proxeccións explóranse diferentes problemáticas sociais, e coa cinta de Guillermo del Toro o foco poñerase na marxinación e a discriminación. A cita coa película, que será proxectada en castelán, será ás 19.00 na sedade de Afundación, con entrada de balde ata completar o aforo.
No Baltimore da década dos sesenta unha limpiadora dun complexo científico do exército dos Estados Unidos trabará unha complexa relación co especimen en captividade dun experimento secreto. Ela, muda debido a un accidente, conseguirá superar as barreiras da linguaxe e comunicarse cunha misteriosa criatura anfibia. Esta fábula cobre as relacións persoais e a compaixón como motor fundamental das mesmas lle valeu a Guillermo del Toro o Oscar a mellor director. A cinta rematou alzándose tamén co Oscar á mellor película e recibiu ademáis os galardóns a mellor banda sonora e mellor diseño de producción.
Ficha:
Título: 'La Forma del Agua' (The Shape of Water)
Director: Guillermo del Toro
Ano: 2017
País: Estados Unidos
Duración: 123 min.