O músico Juan Pablo Charlo inicia unha campaña de crowdfunding para gravar o seu primeiro álbum en solitario
Por Redacción
Juan Pablo Charlo é un músico que naceu en Montevideo (Uruguai) e que se trasladou a terras españolas aos 24 anos. Na actualidade reside en Pontevedra e colaborou ao longo da última década con diferentes agrupacións locais como The Soul Breakers, La Buena Magia, Soulmacklein (Delahoja) ou Rap a Golpe de Beatbox.
A partir deste 4 de novembro, o guitarrista pon en marcha unha campaña de crowdfunding en Verkami para a gravación do seu primeiro disco profesional en solitario. Para esta iniciativa, Juan Pablo Charlo afirma que conta co apoio de numerosos artistas e de locais de música da cidade como Musicarte e Pontemúsica.
O título que ten previsto para este álbum é 'En constante movimiento' e neste traballo quere recoller cancións que narran historias da rúa, sentidas na pel. Este autor presta especial atención ás letras e aporta riqueza harmónica e melódica ás súas composicións. Agarda que os seus seguidores apoien esta proposta para financiar o seu proxecto que lle permita sacar á luz o seu primeiro álbum.
A ligazón para coñecer de preto a súa proposta é http://vkm.is/juanpablocharlo