Chenoa, David Civera e Karina fan vibrar a Cambados
Por Aitana Vidal
Tratábase dunha das noites máis esperadas en Cambados, dentro da presente edición da XVI Festa do Albariño que conseguía que centos de persoas se achegasen ata a Praza de Fefiñáns para ver unha reunión con tres protagonistas moi populares, os cantantes eurovisivos Karina e David Civera, que compartían escenario con Chenoa.
Os tres conseguiron que os asistentes bailasen e gozasen dunha noite moi agradable na vila cambadesa. Chenoa comezou a súa intervención en formato acústico co tema Todo irá ben e tras o concerto colgou unha fotografía sacada dende o escenario no seu twitter oficial.
LA FOTO! Gracias Cambados Galicia! Un besazo.https://t.co/wINUbFeRZy