33 artistas participaron no Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre en Arra
Por Redacción
O Certame de Pintura Rápida ao aire libre de Arra chegaba este ano á súa quinta edición e durante a fin de semana congregou a 33 artistas que recolleron a esencia nas súas pinturas da parroquia do municipio de Sanxenxo.
Segundo o xurado, encabezado pola concelleira de Cultura Paz Iago, detectouse un incremento do nivel medio das obras respecto a outros anos neste certame que convoca a asociación cultural San Caetano de Arra e que conta coa colaboración do Concello.
Na categoría de adultos, o primeiro premio leváballo Manuel Carballeira Rivas. O galardón está dotado con 700 euros e o segundo recaeu en Eduardo Pérez Baamonde con 300 euros.
No apartado infantil, ademais dunha entrada para o Paris Dakart, o primeiro premio ata 12 anos, dotado con 100 euros foi para Sara Ortín e o segundo, de 50 euros, foi para Ángela Martín Bragado. O primeiro premio para participantes con idades comprendidas entre 13 e 16 anos foi para Rafael Eraso con 150 euros.