As xornadas adicadas á memoria histórica da Deputación colgan o cartel de completo
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acaba de colgar o cartel de completo para as súas segundas Xornadas de Memoria Histórica. Na loita contra a impunidade que se celebrarán os próximos 11 e 12 de setembro baixo o título ‘A Transición: outro discurso é posible’.
A deputada de Memoria Histórica, María Ortega, destacou que se cubriron xa as 125 prazas dispoñibles do aforo das instalacións do Pazo da Cultura. Aínda así, os que quedaron sen praza poden seguilo en directo por web da Deputación.
O obxectivo desta cita é analizar como se pasou da ditadura á democracia no 78. A deputada destacou ademais que feitos das últimas semanas como a marcha ao estranxeiro do rei Juan Carlos I e a sentenza do Pazo de Meirás, “poñen as xornadas máis de actualidade que nunca”.
Nas xornadas estarán presentes relatores críticos con ese momento da historia. Entre elas está Ángeles Díez, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutese, ou Xulio Padra, autor do libro Galicia en Transición.
Sobre o Pazo de Meirás falarán Goretti Sanmartín, impulsora do movemento político para a recuperación do Pazo, e Xabier Ferreira, profesor da USC e responsable do informe xurídico de Meirás.
O venres pola tarde farase unha visita á Illa de San Simón, unha icona e símbolo da memoria histórica para a que a Deputación está a esixir un plan de usos e que sexa declarada Isla da Memoria.
O sábado estará en Pontevedra Cristina Fallarás, unha persoa moi crítica co papel dos medios de comunicación no relato da Transición. Falarán logo Paloma García, Jacinto Lara, Irene Francés e Jana Calero, integrantes do equipo da avogacía da querela arxentina. Continuará cunha homenaxe ao represaliado Chato Galante.
Pola tarde tocará a quenda da mesa redonda con Tareixa Navaza desde a prensa; Margarita Ledo desde o cinema; Xurxo Souto na música da transición; Santi Cortegoso no teatro ou o propio Alberto San Juan, que fará un monólogo sobre a monarquía titulado ‘ Autorretrato dun mozo capitalista’.
Relacionadas:
-
Justa Montero: "Hay una fuerza cada vez mayor del movimiento memorialista que nos hace estar esperanzados"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Ángeles Díez: "Non hai nada máis antidemocrático que a Xefatura do Estado por herdanza"
Por Manu Otero |
-
Goretti Sanmartin: "Recuperar o Pazo de Meirás suporía esa primeira vitoria contra o Franquismo"
Por Manu Otero |
-
A Transición vai analizarse desde unha visión crítica nunhas xornadas sobre Memoria histórica promovidas pola Deputación
Por Anxo Lourido |