O Museo de Pontevedra convoca unha segunda rolda dos seus talleres sobre arte rupestre
Por Redacción
O Museo de Pontevedra engade unha nova quenda aos talleres TransformArte para celebrar o Día Europeo da arte Rupestre. Dada a boa acollida que tivo a primeira quenda, no que as prazas iniciais quedaron esgotadas rapidamente, a nova sesión levará a cabo o sábado 10 de outubro, de 17.30 a 19 horas; e o domingo 11, de 11 a 12.30 horas.
Esta iniciativa é a primeira organizada polo ente provincial dedicada a este tipo de arte desde a súa integración no programa " Camiños de Arte Rupestre Prehistórica" dependente Consello de Europa. Con este taller preténdese aproximar aos menores á arte rupestre galego a través da colección do museo pontevedrés dunha forma lúdica e pedagóxica.
Durante os talleres buscarase tamén fomentar as habilidades creativas dos participantey potenciar o pensamento crítico e reflexivo, o diálogo e o respecto ante diferentes opinións e ideas. Ademais nos obradoiros os nenos e nenas, de entre 8 e 13 anos, realizarán unha representación artesanal dos petróglifos galegos a partir do modelado con pasta e a confección con diferentes tecidos dalgunhas figuras significativas.
A participación é gratuíta, pero o aforo está limitado a oito menores por quenda e deben inscribirse, por orde de recepción, no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es
Relacionadas:
-
O Museo celebra o Día Europeo da arte Rupestre con charlas e obradoiros temáticos
Por Redacción |
-
O Museo pon en marcha as visitas guiadas á exposición de Xaime Quessada
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra é xa oficialmente parte da rede europea de camiños de arte rupestre prehistórica
Por Redacción |