16 estudantes de Belas Artes axudan a promover o comercio local no Rueiro de artistas de Cambados
Por Redacción
Coa intención de axudar ao comercio local de Cambados, 16 estudantes da Facultade pontevedresa de Belas Artes decidiron desenvolver unha iniciativa para estas festas do Nadal. Trátase da primeira edición do Rueiro de Artistas, que forma parte dun traballo que desenvolven para a materia de Xestión Cultural.
Os estudantes de último curso da carreira artística ofrecen, deste xeito, diferentes traballos en 22 establecementos de pequeno comercio do municipio ao mesmo tempo que se establece un mapa para que os clientes séleno nas súas visitas aos distintos negocios e teñan a oportunidade de gañar diferentes premios.
Este grupo de estudantes tamén estudan a realización de dous murais para mellorar a imaxe dalgunhas zonas da vila. Os mozos creadores son Sara Pombo,