A Sociedad Filarmónica de Pontevedra suspende toda a temporada de concertos
Por Redacción
A Sociedad Filarmónica de Pontevedra decide suspender todos os concertos programados para esta tempada. Así o comunica a Xunta Directiva deste organismo de carácter cultura ao entender que as restricións de capacidade de público nos auditorios debido á pandemia obriga a deixar fóra das instalacións a máis da metade dos socios da Filarmónica.
Desta forma queda suspendido xa o primeiro concerto do actual trimestre que se programou no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra para o luns 19 de abril a cargo da pianista Judith Jáuregui cun repertorio dedicado a obras de Schumann, Brahms, Wieck e Beethoven.
A planificación para este final de tempada tamén contaba con dous concertos máis, un a cargo do grupo de cámara Ensemble Praeteritum e o outro da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, actuación coa que se quería clausurar a tempada.
A pesar deste contratempo, a xunta directiva anuncia nun comunicado que está a traballar na elaboración do programa para a próxima tempada co ciclo de concertos, que se iniciará en outubro. Para ese mes, os responsables da Sociedade esperan que se poida desenvolver con normalidade a actividade musical.