29 artistas formalizan a súa participación no certame de Novos Valores 2021

Por Redacción
O Museo vén de recepcionar a formalización de 29 artistas para participar no certame de Novos Valores 2021. Así se constatou tras pecharse o prazo de entrega da documentación técnica, sendo a categoría maioritaria a pintura (con 8 creacións), para despois seguir outras técnicas diversas e mixtas (7), a vídeoinstalación (5), fotografía (4), escultura (2), gráfica (1), debuxo (1), e grabado (1).
Comeza agora a seguinte fase do concurso, a reunión do xurado para facer a primeira criba e seleccionar os traballos merecedores de formar parte da exposición colectiva, que só poderá incluír -un máximo de- 25 das 29 presentadas.
O encontro será o vindeiro luns ás dez da mañá e reunirá a José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra; María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Itziar Ezquieta Lamas, artista plástica e profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra; Carmen Hermo Sánchez, artista e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Pilar Corredoira, historiador de Arte Contemporánea e comisaria de exposicións; e Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro.
Xa na terceira fase entregaranse as obras (do 14 ao 18 de xuño) e farase a montaxe da a exposición no Museo. Será entón, previamente á inauguración, canto o xurado se reunirá unha vez máis e concederá as catro bolsas gañadoras, que terán un importe de 7.500 euros cada unha e estarán destinadas a ampliar os estudos artísticos das persoas autoras, permitíndolle realizar novos proxectos. A mostra abrirase logo ao público entre o 8 de xullo e o 12 de setembro.
Relacionadas:
-
Os "novos valores" da arte galega expoñen as súas obras no Edificio Sarmiento
Por Redacción |
-
Novos Valores anuncia os gañadores da edición 2021
Por Redacción |
-
Seleccionadas 15 das 29 obras presentadas para a Exposición Novos Valores 2021
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra abre este luns o prazo para inscribirse nos seus obradoiros de verán
Por Redacción |
-
Novos Valores pecha inscricións con 38 obras aspirantes ás catro bolsas de estudos
Por Redacción |
-
A Deputación lanza "Aviventa a Cultura" unha extensa programación para "reanimar, fortalecer, protexer, incentivar" este sector
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo de Pontevedra abre o prazo de inscrición para 'Novos Valores 2021'
Por Redacción |