Amancio Prada canta a Rosalía desde Pontevedra
Por Redacción
O vindeiro mércores 3 de novembro o auditorio de Afundación en Pontevedra recibirá unha ilustre visita, a do artista leonés Amancio Prada. Será cun concerto no que homenaxeará á gran autora da poesía galega, Rosalía de Castro.
'Camiño do meu contento' é o nome que recibe o novo espectáculo de Amancio Prada, que comezará ás 20:30 horas.
Desde o seu primeiro álbum, Vida e Morte, este compositor puxo música, cantado e recreado a obra de Rosalía de Castro. A través da súa voz, os seus poemas chegaron a todo o mundo.
Agora, aínda que o seu último disco está dedicado aos poemas de Gustavo Adolfo Bécquer, Prada quixo recuperar as pezas dunha das súas autoras favoritas para unha xira que, ademais de Pontevedra, levarao nos próximos días a Tui.
As entradas, que teñen un prezo de 7 euros, pódense adquirir en Ataquilla.com.