A pontevedresa María Gar, premio de artes plásticas Xuventude Crea 2021
Por Redacción
Os premios Xuventude Crea 2021 terán, polo menos, unha gañadora de Pontevedra. É María Gar, que recibiu o primeiro premio na categoría de artes plásticas por unha obra titulada Fragmentos de una erosión.
Foi elixida no marco da exposición das obras finalistas das categorías de artes plásticas e fotografía deste certame, que se pode visitar na igrexa da Universidade de Santiago.
O segundo premio foi para Oliver Alfonso Fernández (Vigo) e o terceiro, tamén compartido, foi para Alejandro Vázquez Tomé (Vigo) e Alejandro Reiriz Pouseu (Bueu), que presentou unha peza bautizada como Galicia esperta e herbas ledas.
Na fotografía, o gañador foi Andrés Seara (Ourense) polo proxecto titulado Spectra.
O segundo premio foi para Adrián Vazquez Rodríguez (Lugo) e para Rocío Campoy Lage (Vigo), mentres que o terceiro compartírono Claudia Valentina Feijoo Díaz (Sada) e Hadrián Márquez (A Coruña).
Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.
Xuventude Crea é unha iniciativa que trata de fomentar a creatividade da xuventude galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra.
Son un total de 14 as categorías propostas nesta edición, que abranguen desde a creación de videoxogos e videocreación, xa premiados; ata novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografías, música, poesía, banda deseñada ata graffiti, deseño de xoias, moda e danza.