Manteis e marcapáxinas para conmemorar o Día de Rosalía en Bueu
Por Redacción
O Concello de Bueu súmase un ano máis á celebración polo Día de Rosalía, que se conmemora este mércores 23 de febreiro, coincidindo coa data do seu nacemento.
Dentro da programación organizada polo Concello, a Rede de Bibliotecas de Bueu agasallan aos usuarios e usuarias estes días cuns marcapáxinas nos que se recollen versos de dúas das poetas máis recoñecidas da vila como Míriam Ferradáns e Lucía Novas.
Esta iniciativa busca dar a coñecer a obra destas dúas mulleres e espallar a poesía galega.
Ademais, o Concello súmase á campaña da Deputación de Pontevedra pola que durante toda esta semana reparten manteis entre a hostalaría. O deseño baséase no coñecido caldo de gloria de Rosalía, no que se fai alusión á gastronomía tradicional galega, humilde e cunha gran simboloxía social.
Os manteis inclúen o poema 'Miña casiña, meu lar' de Follas Novas, que explica a historia dunha muller pobre que conta a súa épica diaria para sobrevivir.
Relacionadas:
-
A Biblioteca da Illa de Arousa moderniza as súas instalacións da Casa de Godoy
Por Redacción |
-
Instalacións con códigos QR permitirán acceder a vídeos e audios escolares con lectura de obras de Rosalía
Por Redacción |
-
Música e poesía para conmemorar en Pontevedra o Día de Rosalía
Por Redacción |
-
Árbores poéticos para conmemorar a Rosalía de Castro en Ferreirós
Por Redacción |