Estudio Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro
Por Redacción
Estudio Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro. Segundo explica a artista, "Popurrí é unha pequena retrospectiva da miña obra dos últimos tres anos".
Trátase dunha mostra de catro proxectos que beben directamente da súa experiencia personal ou contexto, sendo ese o lugar dende onde nace o seu traballo "para o caso presente: as artes escénicas, un voluntariado Europeo en Cerdeña e a afamada ‘distancia de seguridade’ que nos últimos tempos castrou unha parte importante de liberdades".
"Meu traballo artístico é un canal de comunicación entre emoción, corpo e mente", afirma esta soutomaioreña afincada en Pontevedra.
"Disfruto do transitar esta viaxe buscando a beleza e a poesía visual, traducindo o onírico a unha realidade tanxible a través da imaxinación", conclúe Alba Troiteiro.
A exposición será inaugurada o vindeiro 12 de marzo, ás 18.30 horas, no Estudio Matrioska, na rúa Estrada, número 6 de Pontevedra.