![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f38/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6282380883-627e8ab115-desktop.jpg)
©
RADIO.- O CEIP Carballal de Marín homenaxea un ano máis ás Letras Galegas cun videoclip
![Marisa](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577155e6db-5735c17382-20160513-patxot-marisa-ciordia-203-ok-pontevedraviva.jpg)
Por Marisa Ciordia
O CEIP Carballal de Marín non falta á súa cita anual de homenaxe ás Letras Galegas e nesta edición de 2022 centrárono no poema 'Autoxenreira' de Florencio Delgado Gurriarán. Como cada ano, os seus protagonistas son os alumnos de cuarto curso que traballan o proxecto co profesor de música Víctor Alfonso Castro.
Coámonos nas súas aulas e contáronnos en PontevedraViva Radio como prepararon nos últimos meses este traballo que aparece publicado na web conmemorativa do autor homenaxeado, quen é o autor ourensán, que aprenderon do poema que han musicado e gravado nun videoclip ou que é para eles o Día das Letras Galegas.
O profesor Víctor Alfonso explica que este é o primeiro videoclip que estes escolares fan, "xa que anualmente, cada cuarto curso realiza tres ou catro videoclips para o tempo curricular de libre configuración que é un taller de audiovisuais. Todos cando pasan por este curso fano, videoclipo ou curtos, que non só contan unha actividade que se faga, senón que tamén se engade un compoñente creativo".
O seu bo facer non pasa desapercibo xa que en dúas edicións gañaron o concurso da Real Academia Galega 'Contádenos ou voso día das Letras Galegas'. O primeiro foi co 'Casarestón' no que participou toda a comunidade escolar do centro marinense e o último o pasado 2021 co videoclip dedicado a Xela Arias. (Achegamos o videoclipo orixinal e na ligazón inicial 'Autoxenreita' pódese ver a versión máis recente estreada a pasada semana).