María Castro protagoniza 'La coartada', un thriller teatral que se presenta en xuño na sede de Afundación
Por Redacción
O domingo 19 de xuño ás 20.00 horas acenderanse as luces do escenario da sede de Afuncación de Pontevedra para crear un ambiente claustrofóbico na obra de tensión dramática que leva por título 'La coartada'. Trátase da versión española do texto da autora e guionista Christy Hall coñecida por ser creadora da serie televisiva 'I Am Not Okay'.
O texto teatral orixinal 'To Quiet the Quiet' é traducido e dirixido por Bernabé Rico cun elenco actoral no que destaca a actriz viguesa María Castro, que se atopa acompañada sobre as táboas por Miguel Hermoso e Dani Muriel.
A historia narra a vida de Ana, unha muller divorciada e atormentada polo seu pasado. A protagonista pide axuda ao seu mellor amigo para prepararse como testemuña na declaración máis importante da súa vida, xa que dela depende a custodia da súa filla e a súa propia liberdade.
Segundo o directo, a obra convida a entrar na mente da protagonista e convivir coas circunstancias dunha nai que se rebela ante a situación a través do suspense policial nun thriller psicolóxico que irá ofrecendo variacións sorprendentes ao longo da trama.
As entradas xa se atopan á venda a partir de 20 euros en Ataquilla.