O Memorial Ricardo Portela homenaxea a Maruxa Miguéns e Xosé Romero
![Mónica](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/50b75e9aee4e2-patxotparalaweb.jpg)
Por Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/380/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62d41e7422-20220716-patxot-memorial-ricardo-portela-2367.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/93f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62d41e76c2-20220716-patxot-memorial-ricardo-portela-2375.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2fd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62d41e78d8-20220716-patxot-memorial-ricardo-portela-2382.jpg)
© Mónica Patxot
A vixésimo terceira edición do Memorial Ricardo Portela homenaxeou esta fin de semana ao matrimonio formado por Maruxa Miguéns e Xosé Romero.
A Praza da Ferrería volveu ser o escenario elixido para as actividades en torno deste memorial, que incluiu unha nova edición, a número 20, da Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais.
O venres houbo un pasarrúas co Dúo Alvariño, os Gaiteiros das Rías Baixas, Millarancos e Par de Par e un concerto de Volta e Dálle (21:00 horas).
Ao día seguinte, os pasarrúas foron con Boas Pécoras, Cuarteto da AC Abertal, Os Enxebres de Cacheiras e Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores e o concerto das 21:15 horas correu a cargo de Carapaus.
Entre ambos, ás nove da noite, foi a homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero, o matrimonio de Rianxo que impulsaron hai sete décadas uno dos grupos de música tradicional máis emblemáticos de Galicia: Os Rosales.
O memorial concluirá este domingo, despois do pasarrúas matinal e vespertino de Baila Malditos, Cantigas e Frores, Meiró e Turoqva ás 21 horas haberá un concerto de Caaamaño & Ameixeiras.
Memorial Ricardo Portela
A vixésimo terceira edición do Memorial Ricardo Portela homenaxeou ao matrimonio formado por Maruxa Miguéns e Xosé Romero
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Juancho Marqués, Treixadura e o rapeiro Fernando Costa súmanse ás Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Coque Malla, nas Festas da Peregrina: actuará en Pontevedra o 15 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Zahara e Camela amenizarán as Festas da Peregrina os días 14 e 21 de agosto
Por Alejandro Espiño |