Concerto da Real Filharmonía de Galicia con pezas de Mozart e Gade
Por Redacción
A Sociedade Filharmónica de Pontevedra e a Fundación Novacaixagalicia ofrecen este venres 29 ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia un concerto que estará a cargo da Real Filharmonía de Galicia.
A orquestra, baixo a dirección de Pablo Mielgo, ofrece un programa con obras de Mozart e Gade. O propio director interpretará como solista ao piano as pezas de Mozart.
As entradas xa están á venda ao prezo de 10 euros. Os socios da Filharmónica terán acceso gratuíto ao auditorio e poderán retirar as entradas este mércores 27 e o xoves, de 17 a 20 horas, no local da Sociedade situado na rúa Tetuán número 2. Tamén poderán recoller as entradas no vestíbulo do Centro Cultural durante o mesmo día do concerto, de 19:30 a 20:15 horas.
Relacionadas:
-
A Real Filharmonía de Galicia volve a Pontevedra con Brett Dean, Mozart e Beethoven
Por Redacción | Creada e actualizada