A vida despois do ISIS trátase no documental programado para o mércores en Amal en Ruta
Por Redacción
O ciclo Amal en Ruta ofrece este mércores 7 de setembro a partir das 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra a proxección do documental da directora catalá Alba Sotorra 'The return: Life after ISIS (O retorno: A vida despois do ISIS)'. A entrada ao recinto para todo o público será libre
A cinta foi candidata ao premio ao mellor documental na gala dos Goya 2021. Neste documental nárrase a historia dun grupo de mulleres occidentais que dedicaron a súa mocidade ao grupo terrorista ISIS, pero que pasados os anos queren ter a oportunidade de reconstruír as súas vidas nos seus fogares.
Alba Sotorra, a directora, tivo acceso ao campo da al-Roj no nordés de Siria para ofrecer a dura realidade deste grupo de mulleres, que se atopan atrapadas polo seu pasado. Shamima Begum (Reino Unido) e Hoda Muthana (EE. UU.) marcháronse dos seus países manipuladas pola propaganda terrorista e o odio das redes sociais, un espazo onde se move con moita facilidade o grupo terrorista que pretende crear un estado islámico en Iraq, Siria e noutros países da contorna.
O testemuño das protagonistas permite analizar a crueldade, o abuso e a misoxinia que viviron nesta experiencia chea de matices nunha situación complexa.
Relacionadas:
-
'Gaza mon amour', dos xemelgos Tarzan e Arab Nasser, proxéctase este xoves no Principal
Por Redacción |
-
O yihadismo europeo, protagonista do arranque do ciclo Amal en Ruta
Por Redacción |
-
Amal en Ruta abre co mellor cinema euroárabe actual a tempada do Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Cinco filmes para un Amal en Ruta que reivindica o orgullo, o legado e a cultura árabe
Por Alejandro Espiño |