A Casa Museo de Colón acolle un obradoiro infantil sobre navegación
Por Redacción
A Casa Museo de Colón continúa ofrecendo actividades para promocionar e dar visibilidade á teoría da orixe galega de Cristóbal Colón.
Logo dos obradoiros celebrados durante o pasado mes de agosto, o vindeiro sábado 17 de setembro terá lugar unha nova cita, dirixida a rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Trátase dun taller sobre navegación, a través da cal os inscritos terán ocasión de coñecer as características dos tipos de embarcacións que se utilizaban na época na que tivo lugar o descubrimento de América.
Ademais, tamén se afondará, dunha forma lúdica e amena, na teoría do Colón Galego. A actividade rematará cunha sesión de pintura. O Concello de Poio informa de que as prazas son limitadas e a inscrición gratuíta. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo chamando ao 986833204 (extensión 2) ou enviando un correo electrónico á dirección museocolon@concellopoio.gal.
Por outra banda, a semana pasada remataron as visitas teatralizadas que levou a cabo Leoucoíña Pasea tanto nas dependencias de Portosanto como no Bosque de Colón, na parroquia de San Xoán. En total, anotáronse nestas cinco citas, que tiveron lugar en xullo, agosto e setembro, un total de 75 persoas de diferentes idades, cubríndose, deste xeito, todas as prazas ofertadas.
Este tipo de iniciativas fináncianse a través do GALP Ría de Pontevedra, a Consellería do Mar e o Fondo Marítimo Europeo e da Pesca.
Relacionadas:
-
O Casal de Ferreirós acolle a conferencia "Mitos, lendas e tradición oral de Poio"
Por Redacción |
-
Rafael Quintía e Lino Pazos impartirán charlas sobre mitos e lendas de Poio en Ferreirós
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón recibiu máis de 800 visitantes desde xuño
Por Redacción |
-
As Xornadas do Colón galego poderán gozarse no Casal de Ferreirós o 30 de setembro
Por Redacción |
-
A Casa Rosada acollerá este venres a festa infantil de fin de verán
Por Redacción |
-
Repaso á relación entre a muller e o mar a través da tradición e os labores pesqueiros
Por Redacción |
-
As visitas teatralizadas á Casa Museo de Colón xa están en marcha
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón ofrece obradoiros sobre historia e cultura
Por Redacción | Creada e actualizada