VÍDEO.- 30 segundos para repasar a actividade do Museo de Pontevedra en 2022
Por Redacción
Visitas ás salas do edificio Castelao; obradoiros infantís; traballos realizados no edificio Santa Clara; exposicións e encontros culturais forman parte do vídeo que a dirección do Museo de Pontevedra realizou para difundir polas redes sociais un resumo da programación elaborada durante o ano que finalizou e que pasará á historia pola incorporación do convento de Santa Clara ás instalacións do Museo provincial.
Trátase dun vídeo de 30 segundos de duración con imaxes seleccionadas das actividades máis destacadas, emprendidas ao longo do ano co obxectivo de conservar, reflexionar e investigar para trasladar á sociedade o máis destacable da cultura e do patrimonio de Galicia. E prometen que para este 2023 haberá "máis e mellor".
Relacionadas:
-
A mellor cifra anual de visitantes ao Museo de Pontevedra da última década
Por Redacción |
-
Santa Clara celebra un ano de apertura ao público integrándose no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz & Mónica Patxot |
-
Xa están dispoñibles na internet as charlas sobre as escavacións e a historia do convento de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
O 3 de xaneiro o Concello entregará o convento de Santa Clara á Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O Pleno da Deputación aproba o convenio para a cesión ao Museo do Convento de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
Estiman que a rehabilitación de Santa Clara irá a 22 millóns: "En Galicia non houbo un proxecto tan ambicioso como este"
Por Oskar Viéitez |
-
O Nadal chega ao Museo de Pontevedra cargado de música, clowns, obradoiros e visitas guiadas
Por Redacción |