A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición "Aire Galería"
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra recollerá as obras de ao redor de cincuenta artistas baixo a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo en Bilbao.
A inauguración celebrouse este xoves ás 12:00 horas e a exposición se poderá visitar ata o 7 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas.
O acto inaugural contou coa presenza de Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra; Xosé Manuel Buxán, decano da Facultade de Belas Artes; Luís Torres, director de área adxunta á Vicerreitoría; Chelo Matesanz, coordinadora da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, e Adolfo Ramírez, comisario da exposición.
O obxectivo desta exposición é dar visibilidade ao labor artístico do alumnado e do profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).
O comisario da exposición, Adolfo Ramírez, agradecía enormemente á Facultade de Belas Artes de Pontevedra por acoller esta exposición na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes.
Según explicaba o comisario, Aire Galería forma parte dunha colección na que leva traballando desde o ano 1995.
Ramírez definía esta exposición como unha actividade con "un tono lúdico y bastante versatil, que forma parte de una asociación sin ánimo de lucro llamada Fi".
O acto completouse coa performance "Eskaleira" da artista Miren Barrena, que foi desenvolta por ela durante a súa estadía en Jai Tabakalera 2021, San Sebastián, e que tamén puido verse posteriormente en Londres e Bilbao.
Relacionadas:
-
Un percorrido polos premios de pintura da Universidade na Sala Manuel Moldes
Por Redacción |
-
Catálogo da Facultade de Belas Artes para lembrar a obra do pintor pontevedrés Manuel Moldes
Por Redacción |
-
Belas Artes lembra a Manuel Moldes poñendo o seu nome á sala de exposicións
Por Mónica Patxot & María José Pita |