Ana Miralles, a seducción do grafito
Por Redacción
O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra ten en marcha desde o pasado 17 de marzo e ata o vindeiro domingo 9 de abril a exposición "Ana Miralles, a sedución do grafito".
Esta exposición é un percorrido pola súa traxectoria e unha mostra do seu peculiar e artesanal proceso creativo.
O visitante poderá ver nesta mostra os primeiros bosquexos, as composicións de páxina, os debuxos preliminares e estudos de vestiario e attrezzo, así como as tintas e artes finais coloreadas dunha maneira moi coidadosa con acuarelas.
Trátase dunha ocasión única de ver en directo unha autora de cómic que pulveriza récords coa venda de orixinais nas poxas de Christie’s París (en colaboración coa galería Daniel Maghen).
Ana Miralles (Madrid, 1959) é unha das autoras españolas de banda deseñada de maior proxección internacional, que se iniciou no cómic underground e prosperou no erotismo, consagrándose definitivamente no mercado francés con obras de corte fantástico como Eva Medusa e especialmente coa serie Djinn.
Xunto a Emilio Ruiz publica en Astiberri o libro infantil Wáluk, unha fábula ecoloxista, e Muraqqa.
Na actualidade preparan un cómic titulado Ava, un relato ficcionado das 48 horas que pasou a estrela de cinema en Río de Janeiro, en 1954.
Relacionadas:
-
Profesionais da banda deseñada formados na Facultade de Belas Artes protagonizan unha exposición
Por Redacción |
-
Onda vital! Unha exposición no Museo sobre a serie Dragon Ball
Por Redacción |
-
Reflexión sobre feminismo no Museo: Quen realizou as pinturas rupestres? Homes ou mulleres?
Por Redacción |
-
Conmemoración do centenario de Xosé Conde Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
Os obradoiros infantís de Semana Santa achegaranse a obras de artistas galegas
Por Redacción |