La Casa de los Ingleses presentará o seu novo traballo o sábado 13 en Sala Karma
Por Redacción
A banda La Casa de los Ingleses dará un concerto o día do 13 de maio na Sala Karma (Pontevedra), a partir das 22 horas, para presentar o seu novo traballo "Vinte minutos antes do fin do mundo".
O grupo pontevedrés combina nos seus traballos as melodías do pop, a delicadeza do indie e a potencia do rock xerando atmosferas cheas de texturas e sensacións únicas, potentes guitarras electrizantes e melodías contaxiosas.
Un ambiente que queda perfectamente plasmado no seu último traballo que inclúe letras relacionadas co amor e a reconciliación ata a crítica social e a reflexión existencial.
Unha dos trazos distintivos deste último disco, que verá a luz antes do verán, é que contaron coa experiencia e creatividade de dous produtores excepcionais como Juan Hernández de Ronettstudio (o produtor dos seus dous anteriores traballos) e Carlos Hernández Nombela (Los Planetas, Leiva ou Viva Suecia). Cada un produciu tres cancións para dar un resultado sonoro cheo de matices.
As entradas xa está á venda a traves desta ligazón por un prezo de 8 euros máis gastos de xestión.