O campus organiza unha conferencia sobre o "exilio interior" de Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas
Por Redacción
A Vicerreitoría do campus sumarase o vindeiro mércores 10, de xeito adiantado, á conmemoración do Día das Letras Galegas.
Será cun acto no que o catedrático de Lingua e Literatura e expresidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero porá o foco no labor político e literario que o autor homenaxeado neste 2023, Francisco Fernández del Riego, desenvolveu "no exilio interior".
Programado para as 20.00 horas, na Casa das Campás, este acto conmemorativo completarase coas actuacións da Aula Permanente de Música Tradicional Galega e do Coro do Campus de Pontevedra.
En 1992, Francisco Fernández del Riego converteuse no primeiro doutor honoris causa na historia da Universidade de Vigo.
Escritor, intelectual e político, na súa traxectoria destacan, ademais dos seus ensaios sobre a cultura e literatura galegas, feitos como ter sido un dos impulsores da editorial Galaxia, director da revista Grial ou presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001.
Continuador do ideario do Grupo Nós e membro do Partido Galeguista, o autor homenaxeado foi "un dos fundadores do galeguismo progresista do século XX", segundo recolle a RAG.
O seu labor tanto político como literario durante a ditadura serán nese senso os eixes centrais da conferencia de Alonso Montero, que foi tamén presidente da Real Academia Galega.
Relacionadas:
-
Poio celebra o Día das Letras Galegas cunha programación cultural para todos os públicos
Por Redacción |
-
A UNED Pontevedra celebra este venres o Día das Letras Galegas co espectáculo "Latitudes"
Por Redacción |
-
Unha palestra, contacontos, unha publicación e reparto de libros para celebrar as Letras Galegas coa Deputación
-
Así será o inicio do "mes" das Letras Galegas en Vilagarcía
Por Rosalía Rico Otero |
-
Cambados celebrará cun concerto de IALMA as Letras Galegas
Por Rosalía Rico Otero |
-
Sábado de homenaxe en Raxó a Paco Fernández del Riego a cargo de Avelaíña Teatro
Por Redacción |
-
O Museo conmemora as Letras Galegas con obradoiros escolares e unha visita guiada
Por Redacción |