Homenaxe a Del Riego no acto central da Deputación de Pontevedra polo Día das Letras Galegas
Por Redacción
O Pazo Provincial vestiu este sábado de gala para celebrar o acto central da Deputación de Pontevedra polo Día das Letras Galegas 2023, no que se homenaxea a figura de Francisco Fernández del Riego.
"Se Galicia sobreviviu e ten como pobo un porvir dediante e unha misión histórica é porque conta cunha fala de seu". Con esas verbas, pronunciadas polo propio Da Rega na Real Academia Galega abriu un acto, abriuse un acto que contou coa deputada María Ortega e a académica da RAG Fina Casalderrey.
Posteriormente a profesora, investigadora e escritora Malores Villanueva, quen compartiu moitas horas de traballo co escritor para facer a súa tese doutoral, fixo un percorrido pola súa vida destacando a importancia dunha traxectoria que puxo ao servizo de Galicia sendo un importante activista e defensor da cultura e o idioma.
O evento contou ademais cunha proposta gastronómica a cargo do chef pontevedrés Rubén Gonzáez (El Cafetín) co obxectivo de mostrar unha parte máis persoal e menos coñecida de 'Don Paco': a de bo comedor e amante dos produtos do mar do país.
No acto repartiuse entre os asistentes unha copia dun artigo que un mozo Del Riego escribiu en 'A Nosa Terra' en 1932 titulado "Fiestra sobor da lingua galega". Nese texto o homenaxeado nas Letras Galegas defendía que "na lingua, seipano ou non os indiferentes, está o máis íntimo e san do noso esprito, fecundalo é laboura da nova Galicia, deixar desfaguerlo é o mesmo que se negar a si".
As prazas para presenciar esta xornada estaban esgotadas desde hai días.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas, con Francisco Fernández del Riego na memoria
Por Redacción |
-
"Rosalía volve estar entre todos e todas nós, como aquel primeiro 17 de maio 1963, que o mesmo Del Riego impulsou"
Por Redacción |
-
Unha palestra, contacontos, unha publicación e reparto de libros para celebrar as Letras Galegas coa Deputación