'Elisa e Marcela', o espectáculo máis premiado da compañía A Panadaría, despídese este xoves no Principal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A compañía teatral A Panadaría realiza unha xira de despedida do espectáculo máis coñecido e premiado deste grupo, 'Elisa e Marcela'. Dentro desta xira inclúen unha función este xoves 22 de xuño no Teatro Principal de Pontevedra a partir das 21.00 horas.
O prezo das entradas é de 8 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla. O espectáculo contará con intérpretes de lingua de signos.
'Elisa e Marcela' foi a primeira montaxe teatral na historia do teatro de Galicia que tratou de maneira directa a temática lésbica e a primeira en poñer a historia destas dúas mulleres sobre os escenarios.
A comedia narra a situación vivida por Elisa e Marcela no ano 1901 na Coruña cando casaron na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. A partir dese momento comezaba unha historia de amor con persecucións policiais, cambios de identidade e informacións manipuladas, que son ofrecidas polas tres actrices de A Panadaría.
A montaxe obtivo catro premios María Casares en 2018, o premio dá Igualdade luisa Villatal; o premio Pluma; o galardón Begoña Caamaño, Cultura pola Igualdade, o premio Las Horas ou o do Público na Mostra de Teatro de Ribadavia e no Fetega.