Éxito de público na presentación de 'Mi historia' da deseñadora Ágatha Ruiz de la Prada
Por Cristina Saiz & Redacción
O público apiñábase na tarde deste xoves na rúa Frei Xoán de Navarrete para asistir á presentación da biografía 'Mi historia' na librería Cronopios. Alí citábase unha das deseñadoras máis icónicas dos anos 80 e da movdia, Ágatha Ruiz de la Prada, para presentar este libro, que foi elaborado en colaboración con Pedro Narváez.
A marquesa de Castelldosríus, baronesa de Santa Pau e grande de España, como se define no libro, pediu que se adiantasen as cadeiras situadas no interior do establecemento para dar cabida a máis persoas. Ruiz de la Prada recoñeceu durante a presentación que aproveitara tamén a viaxe a Pontevedra para acudir a unha voda.
O estilo persoal e divertido desta creadora foi referente na Movida madrileña e converteuse nun fenómeno sociolóxico. No texto afirma que a súa marca ten éxito desde hai máis de trinta anos e que os seus deseños recoñécense en todo o planeta tras desfilar nas mellores pasarelas das capitais do mundo.