Baobab Teatro recibe o premio "Provincia a Escena" na Feria de Teatro de Castilla y León
Por Redacción
A compañía pontevedresa Baobab Teatro recibiu o premio "Provincia a Escena" polo seu espectáculo "Ás para Álex", espectáculo no que tratan unha temática tan comprometida como é o cancro infantil.
A entrega deste recoñecemento tivo lugar o pasado 26 de agosto na Feria de Teatro de Castilla y León – Ciudad Rodrigo, dentro da programación da feira do 2023.
O xurado que otorga este galardón confórmano os programadores culturais de Castela e León que asistiron á feira do 2022.
Este galardón, creado pola Deputación de Salamanca para celebrar o 25 aniversario da Feira e que este ano celebra a súa segunda edición, distingue un traballo para público infantil e familiar da cita escénica de Ciudad Rodrigo que pasará a formar parte da programación do festival homónimo polos pobos da provincia salmantina.
A obra "Ás para Álex" é unha montaxe de teatro e títeres de corte contemporáneo, co que Baobab Teatro foi escollida para a 25 edición da feira de Ciudad Rodrigo, despois de ser selecionados entre máis de mil compañías de teatro a nivel nacional e internacional.
A peza aborda de xeito maduro e responsable un tema como o da enfermidade do cancro, revelando como as propostas escénicas para público infantil e familiar poden versar sobre temas comprometidos.
Este espectáculo está dirixido por Andrea Bayer e Óscar Ferreira, fundadores de Baobab Teatro, na parte técnica (iluminación e son) Daniel Abalo, técnico da compañía dende os seus comezos, en escena, Xose Manuel Esperante e Cora Velasco, a escenografía é de Óscar Ferreira, o guión de Andrea Bayer e na distribución Culturactiva.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal arranca tempada o 15 de outubro
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
As Núbebes resplandecen de novo no Teatro Principal
Por Redacción |
-
O espectáculo "Ás para Álex", de Baobab Teatro, gaña o premio especial "Provincia Escena 2022"
Por Redacción |
-
'Ás para Álex', de Baobab Teatro, seleccionada para participar na Feira de Castela e León
Por Redacción |