'O Corno' e Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro, ateigan o Multiusos de Arcade
Por Redacción
Noite de cinema de alta intensidade no Multiusos de Arcade. Este sábado proxectábase 'O Corno', da directora Jaione Camborda, que resultaba gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián 2023.
Trátase da primeira vez na historia que unha muller logra o prezado galardón e tamén a primeira película en conseguilo neste festival cinematográfico cunha rodaxe nunha lingua cooficial, o galego.
Ante a cita, o público encheu o recinto nun acto impulsado por Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e ao que asistía Mario, un dos nenos do municipio que participou na rodaxe da película.
Ao final da proxección desenvolvíase un coloquio entre a directora e o públco que se interesou pola simboloxía que se esconde no filme.
O alcalde agradeceu a presenza da veciñanza de Soutomaior e sinalou que o municipio é un referente na comarca e unha potencia cultural.