Os Alegres celebrarán o seu 85 aniversario este venres 24 no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & Redacción
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, recibía este martes a integrantes da Asociación musical Os Alegres. Esta agrupación folclórica celebra neste ano o seu 85 aniversario.
Para conmemorar esta data, o venres 24 no Teatro Principal teñen previsto desenvolver unha nova edición do Festival do outono da música tradicional.
O evento comezará ás 20.00 horas con entrada libre ata completar a capacidade do recinto.
Neste acto conmemorativo participarán diversas agrupacións: Quinteto de Gaitas 'Os Alegres', Pandereteiras 'Bulideiras' de Vilagarcía, Dúo de pandereteiros AUFT, Grupo de gaitas 'A saneira' de Baiona, a Escola de acordeóns de Poio, Pandereteiras + pandereterios de Ourense, Grupo de gaitas 'Picuíña' de Marín, ademais da Asociación e a agrupación Os Alegres, anfitrioa do festival
Está previsto que durante o desenvolvemento da gala se realicen sorteos de pandeiros mini e unha cea para dúas persoas entre o público asistente.