"Partido importante para recuperarnos" do Cisne a golpe de festivo
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán quere esquecer canto antes os puntos que voaron a pasada fin de semana en Eivissa, e o calendario ofreceulles a oportunidade de facelo xa este mércores 6 de decembro, a golpe de festivo, coa visita ao Pavillón Municipal dos Deportes (19.30 horas) do Handbol Mallorca, actual penúltimo clasificado da División de Honra Prata.
"É un partido importante para recuperarnos", recoñece o segundo adestrador dos pontevedreses, Quiños.
Será o segundo dos tres partidos de liga que debe afrontar o Cisne este semana, xa que o sábado visitarán a pista de Agustino Alicante.
Fronte ao Mallorca Quiños pide en todo caso intensidade, e é que "calquera relaxación que teñamos neste partido pódenos dar un susto importante".
"Espéranos un equipo que defende ben, con intensidade, quizais se cadra está a cometer erros propios da nova categoría que fan que moitas veces se lle vaian os partidos, pero os momentos que están ben en defensa firme e contraataque poden poñer en apertos a calquera equipo", analiza o técnico avisando que o Mallorca, recén ascendido, "é un equipo que a pesar de non estar ben na clasificación non dan un partido por perdido".
Relacionadas:
-
O Cisne acaba coa resistencia do Handbol Mallorca na segunda metade (30-23)
Por Redacción |
-
O Cisne ve cortada a súa progresión en Eivissa nun apertado partido (31-30)
Por Redacción |
-
O Cisne afronta unha das semanas máis esixentes con tres partidos en sete días
Por Almu Dapena |
-
Cisne-Alcobendas: Unha vitoria con demasiado suspense (28-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |