Daniela Suárez repite presenza na Selección Española Júnior e mira cara o Europeo e Mundial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A pontevedresa Daniela Suárez dá un paso máis cara ao Europeo e Mundial de natación artística na categoría júnior, á que acaba de ascender esta tempada.
A deportista do Club Galaico Sincro volveu a entrar na convocatoria do equipo nacional da categoría, por segunda vez, ao ser citada a unha concentración de adestramento que se celebrará no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat do Vales (Barcelona) do 2 ao 10 de febreiro.
O obxectivo dos adestramentos é preparar os grandes campionatos internacionais de 2024.
Nese horizonte aparecen o Campionato de Europa que terá lugar do 9 ao 17 de xuño en Malta e o Mundial previsto en Lima (Perú) do 28 de agosto ao 1 de setembro.